Friday 29 de March de 2024

O Concello de Boqueixón organizou unha excursión ao Cebreiro na que participaron máis de medio cento de persoas


Máis de medio cento de veciñas e veciños de Boqueixón participaron onte nunha excursión realizada á zona do Cebreiro. Esta iniciativa, incluída dentro do programa Boqueixón en Ruta, levou ás persoas participantes a unha completa xornada na que descubriron o patrimonio natural, cultural e histórico desta comarca.

O percorrido realizado pola veciñanza boqueixanesa comprendeu unha visita ás tradicionais Pallozas de O Cebreiro, para despois continuaren cun percorrido polo Mosteiro de Samos. Completouse esta viaxe co descubrimento dos lugares de interese turístico das vilas de Sarria e Portomarín.

A seguinte viaxe que se propón dende o Concello de Boqueixón terá lugar o vindeiro martes 9 de abril. Desta volta, a veciñanza terá a oportunidade de gozar das Termas de Outariz. Ademais do tratamento termal, tamén se realizará unha visita ao Mosteiro de Carboeiro.